ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

Entradas dende 15 e 30 euros para recibir á Real Sociedad en Abanca Balaídos

RC Celta

O vindeiro xoves 28 de outubro ás 19:00 o RC Celta recibe en Abanca Balaídos á Real Sociedad, un partido no que, de novo, non haberá restricións de capacidade e por tanto o estadio ofrece aos afeccionados o 100% das butacas.

Os abonados do RC Celta poden acceder ao campo co seu carné da tempada 2021/22. Os portadores dun abono a nome de empresa ou peña deben identificarse a través dun formulario antes de acceder ao estadio.

Para o público xeral as entradas xa están á venda AQUÍ.

 

  • Precios entradas RC Celta – Real Sociedad:
  • – Tribuna Alta: 60€ Adulto
  • – Tribuna Baixa: 50€ Adulto / 35€ Sub25
  • – Río Baixo e Alto: 40€ Adulto / 25€ Sub25
  • – Gol: 30€ Adulto / 15€ Sub25

As cantinas do  RC Celta en Abanca Balaídos abrirán antes del partido, no descanso e ao finalizar o mesmo. O consumo de alimentos e bebidas só se permitirá na zona das cantinas, non así na zona de bancadas nin no asento. Na bancada só poderá consumirse auga. Todo queda supeditado á lexislación vixente o día de partido.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas