celta-espanyol-balaidos-vigo-liga-2017-2018.jpg
Celtismo

Entradas desde 15€ no debut ligueiro ante o RCD Espanyol

RC Celta

Volve LaLiga! O RC Celta inicia este sábado ás 18:15 no estadio ABANCA Balaídos a súa andaina pola tempada 2018/19. En fronte terá ao RCD Espanyol, un rival sempre esixente entre cuxos xogadores destaca o ex céltico Borja Igrexas. Será, sen dúbida, un pistoletazo de saída á competición emocionante e intenso.

O club estableceu para este primeiro choque da tempada, uns prezos que oscilan entre os 15€ e os 30€ para a categoría ‘Sub-25’ e entre 30€ e 50€ para a categoría ‘Adulto’. Os celtistas con abono en vigor poderán acceder co seu carné da maneira habitual.

Os despachos de billetes do estadio permanecerán abertas esta semana o luns, martes e venres de 09:00 a 15:00 (pechan o mércores e xoves por festivos) e o día do partido desde as 10:00 ata o inicio do partido, de maneira ininterrompida. As entradas tamén estarán proximamente dispoñibles en www.rccelta.es/taquillaCelta.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas