Xa está dispoñible a pre-reserva de entradas para o terceiro partido que disputará o Celta como visitante esta tempada. Será na xornada 7, o vindeiro domingo, 28 de setembro ás 16:15 horas, cando os celestes se enfronten ao Elche CF no Martínez Valero.
A continuación, explicamos detalladamente como realizar o proceso e cales son os pasos a seguir desde o Portal del Celtista:
-
Pre-reserva e adxudicación
Para optar a unha entrada na grada visitante (30 euros), é necesario realizar unha inscrición no Portal do Celtista de xeito individual ou en grupo (cun máximo de 6 celtistas) e efectuar un pago de pre-reserva (5 euros) co obxectivo de que as solicitudes sexan en firme. Este importe será devolto no caso de non ser seleccionado/a.
Este pago non garante automaticamente a entrada, senón que permite participar no proceso de adxudicación, que se rexe polos seguintes criterios:
- 75% das entradas adxudícanse segundo a antigüidade: téñese en conta a media de antigüidade no caso de grupos e a antigüidade individual nas solicitudes persoais.
- 25% das entradas adxudícanse mediante un sorteo entre os solicitantes restantes.
Unha vez rematado o proceso de adxudicación, todas as persoas inscritas reciben un correo informando sobre o resultado da súa solicitude.
-
Pago final para os seleccionados
Os celtistas que resulten seleccionados recibirán un correo de confirmación coas instrucións para completar a compra abonando a diferenza respecto da pre-reserva realizada.
Para formalizar a compra, deben seguir estes pasos:
- Acceder ao Portal do Celtista e dirixirse ao apartado “Entradas Visitante”.
- Completar o pago nun prazo máximo de 48 horas desde a recepción do correo.
- Recibirán a confirmación da compra e a información sobre a entrega da entrada.
⚠ Importante: Se o pago non se realiza dentro do prazo indicado, perderase o dereito á compra da entrada e o importe da pre-reserva non será reembolsado.
-
Devolución para os non seleccionados
Aqueles afeccionados que non resulten seleccionados recibirán un correo coa notificación e, de forma automática, o club procederá ao reembolso íntegro do importe da pre-reserva no mesmo método de pago utilizado durante a inscrición.
-
Confirmación e entrega de entradas
Os seguidores que completen o proceso de compra recibirán un correo de confirmación. É importante lembrar que o comprobante de pago non é válido como entrada.
Neste caso, as entradas serán enviadas, a partir do martes 23 de setembro, de forma telemática ao correo electrónico confirmado na solicitude.
Unha vez realizada a compra, non se permiten cambios nin devolucións.
A pre-inscrición para as entradas está dispoñible no Portal do Celtista desde hoxe mesmo ata o xoves 19 de setembro ás 13:00 horas. Lembramos que son nominativas e que se solicitará o DNI xunto coa entrada no acceso ao estadio.
Vémonos no Martínez Valero, celtistas!