Á venda as entradas para o partido da Xornada 34 que enfrontará ao Real Madrid e RC Celta. Xa podes conseguir a túa entrada para o encontro, que terá lugar o próximo 3 de maio ás 21:00h. no Estadio Santiago Bernabéu (pendentes de posible modificación do horario), a través da nova iniciativa celeste para os desprazamentos de alta demanda.
A continuación, explicamos detalladamente como realizar o proceso para o partido fronte aos merengues e cales son os pasos para seguir desde o Portal do Celtista:
Pre-reserva y adjudicación
Para optar a unha entrada na bancada visitante (75 euros), é necesario realizar unha inscrición no Portal do Celtista de maneira individual ou en grupo (dun máximo de 6 celtistas) e un pago de pre-reserva (5 euros) co obxectivo que as peticións sexan en firme, que se devolverá no caso de non ser seleccionado/a.
Este pago non garante automaticamente a entrada, senón que permite participar no proceso de adxudicación, que se rexe polos seguintes criterios:
75% das entradas asígnanse segundo a antigüidade: tense en conta a media de antigüidade no caso de grupos e a antigüidade individual en solicitudes persoais.
25% das entradas adxudícanse mediante un sorteo entre os solicitantes restantes.
Unha vez finalizado o proceso de adxudicación, todos os rexistrados reciben un correo informando sobre o resultado da súa solicitude.
Pago final para os seleccionados
Os celtistas que resulten seleccionados recibirán un correo de confirmación coas instrucións para completar a compra abonando a diferenza respecto a a pre-reserva realizada.
Para formalizar a compra, deben seguir estes pasos:
Acceder a o Portal do Celtista e dirixirse ao apartado “Entradas Visitante”.
Completar o pago dentro de un prazo máximo de 48 horas desde a recepción do correo.
Recibirán a confirmación da compra e a información sobre a entrega da entrada.
⚠ Importante: Se o pago non se realiza dentro do prazo indicado, o dereito á compra da entrada perderase e o importe da pre-reserva non será reembolsado.
Devolución para os non seleccionados
Aqueles afeccionados que non resulten seleccionados recibirán un correo coa notificación e, de forma automática, o club procederá a o reembolso íntegro do importe da pre-reserva no mesmo método de pago utilizado durante a inscrición.
Confirmación e entrega de entradas
Os seguidores que completen o proceso de compra recibirán un correo de confirmación. É importante lembrar que o comprobante de pago non é válido como entrada.
Neste caso, as entradas serán en papel, polo que os celtistas deberán acudir a retirala presencialmente, habilitándose un prazo para elo en Vigo (Área Celtista de Abanca Balaídos) e en Madrid (con lugar todavía por determinar), para aqueles que non poidan recollela en Vigo. Serán notificados por email do lugar e os prazos de recollida unha vez finalizado o proceso de venta. No caso de cambios do método de retirada, o club contactará cos celtistas afectados a través do correo electrónico.
Unha vez realizada a compra, non se permiten cambios nin devolucións.
A pre-inscrición para as entradas está dispoñible no Portal do Celtista desde hoxe mesmo ata o domingo 20 de abril ás 23:59h. Lembramos que estas son nominativas e pedirase o DNI xunto coa entrada no acceso ao estadio.
Grazas polo voso apoio incondicional. Vémonos en Madrid!