Presidente, conselleiros, empregados e todos os equipos celestes reuníronse no Auditorio Mar de Vigo
Animada, entrañable e cargada de ilusións. Así foi a tradicional celebración do Nadal do Real Club Celta, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo coa asistencia do presidente, Carlos Mouriño, consello de administración e a totalidade de equipos, corpos técnicos e empregados do club.
Co presidente Carlos Mouriño á cabeza, a familia celeste gozou dunha entretida tarde de celebración na que conselleiros, empregados e xogadores e técnicos de todas as categorías compartiron os mellores recordos do ano que acaba e as súas ilusións para o 2015.
O Real Club Celta deséxalles a todos os abonados e afeccionados unhas felices festas.