Hemeroteca club

Entrañable encontro en Londres có FC Deportivo de Galicia

RC Celta

dgl-london.jpg

Emigrantes galegos fundaron este incomparable club nos anos 60

 

O Celta viviu o venres un entrañable encontro en Londres. Aproveitando a viaxe de regreso a Vigo, tras finalizar a xira británica, o equipo olívico organizou un acto de confraternación co FC Deportivo de Galicia, club amateur fundado por emigrantes galegos nos anos 60 no seo do Centro Galego de Londres.

 

O FC Deportivo de Galicia compite na Middlesex County Premier Football League, úndecima division do fútbol inglés, tan só un chanzo por baixo da Combined Counties Football League, categoría xa semiprofesional e que en caso de alcanzala daríalles o dereito a participar na prestixiosa FA Cup, o torneo de fútbol máis antigo do mundo.

 

Un representante deste incomparable club, recoñecido no Reino Unido e Europa como un dos mellores conxuntos amateurs, intercambiu a súa camisola con unha dos celestes, quenes inmortalizaron o encontro posando coa elástica recibida.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas