ESCUDO-1300x400-02
Centenario

O Centenario achégase aos estudantes da man da Uvigo cunha edición especial de Érték centrada no márketing deportivo

RC Celta

Os días 1 e 2 de marzo o Centenario chega á Facultade de Comunicación de Pontevedra cunha edición especial das charlas Érték Conference, un congreso de márketing de iniciativa estudantil no que profesionais de distintos ámbitos da comunicación e o márketing reúnense para non só achegar o mundo profesional ao estudantado, senón tamén para compartir as novidades, tendencias e know-how do sector. E este ano con motivo dun acontecemento único como é o Centenario, centrado no mundo do deporte.

As ‘masterclasses’ deste ano contan coa participación de grandes profesionais da comunicación e márketing deportivo. de numerosos directivos, patrocinadores e colaboradores do club, así como doutros profesionais do ámbito da comunicación e márketing deportivo.

Esta edición conta cun programa de relatorios moi interesante, con nomes tan destacados como: María José Herbón, directora corporativa do RC Celta; Marián Mouriño, Ceo de GS360; Carlos Salvador Hererra, director comercial do RC Celta; Marco Rocha, director de comunicación e contidos do club vigués; Alberto Carballo, Integrante do equipo de RRSS do RC Celta; Juliana Francini, coordinadora de influencers e talentos de LaLiga ou José Villanueva de Estrela Galicia, entre moitos outros.

Ademais, participarán nesta edición tan especial Kevin Vázquez e Borja Oubiña..

RC Celta

Etiquetas

Centenario

Noticias recomendadas