Hemeroteca celtismo

Esgotadas as entradas para o encontro ante o Espanyol

RC Celta

Celta-Espanyol_entradas.jpg

O estadio de Balaídos encherase para apoiar ao equipo no partido decisivo da tempada

 

A oficina de abonados do Real Club Celta colgou esta tarde o cartel de ‘esgotado’, tras despachar todas as entradas para o partido contra o Espanyol (sábado 1 de xuño, 21:00) en tan só dous días. As dependencias do club rexistraron unha gran afluencia de afeccionados durante todo o día e, para axilizar a venda de billetes, tamén funcionaron os despachos de billetes do estadio.

O apoio do celtismo ao equipo foi continuo e intenso ao longo de toda a tempada. Como non cabía esperar doutra forma, os afeccionados celestes han reaccionado de maneira espectacular no momento máis transcendental do ano, proba de que nunca deixaron de crer no Real Club Celta.

O club anima a todos os abonados a acudir este sábado ao estadio de Balaídos. O seu apoio, xunto co resto da afección, será unha motivación extra que achegará aos xogadores á vitoria.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas