O primeiro partido de LaLiga ante o Real Madrid que se celebrará o vindeiro sábado no estadio Abanca Balaídos xerou unha gran expectación e as billeteiras xa colgaron o cartel de ‘non hai billetes’ para todas as bancadas. Este esixente encontro requirirá unha vez máis do incansable alento da afección celeste, clave no rexurdir do equipo no tramo final da pasada tempada e que será de novo esencial no comezo desta ilusionante campaña.