Vendéronse máis de 24.000 entradas. As taquillas abren mañá ininterrumpidamente de 10 a 20:45
O choque entre as dúas últimas campioas do mundo que acolle Balaídos este martes levantou unha enorme expectación entre os afeccionados. O ambiente espectacular nas bancadas do estadio vigués está asegurado, xa que até o momento despacháronse máis de 24.000 entradas.
Os seguidores que aínda non adquirisen a súa entrada están a tempo de facelo. Os despachos de billetes de Balaídos permanecerán abertas mañá martes desde as 10 ata as 20:45, hora de inicio do partido, de maneira ininterrompida. Ademais a venda online permanece activa en www.celtavigo.org/taquillaCelta e en www.ticketmaster.es