Despois do exitoso encontro na Sede ante o Getafe CF, o RC Celta convida a todos os afeccionados a unirse novamente á experiencia de vibrar xuntos no partido que os celestes disputarán no Nuevo Mirandilla o vindeiro domingo 25 de febreiro. A apertura de portas será ás 13:00 horas, con sesión de DJ (@ivanalonsomusic) para quentar motores antes do Cádiz CF – RC Celta ás 14:00 horas. Ademais, o Salón Regio contará cunha mesa quente de comida de El Trigal dispoñible durante o partido.
Como en anteriores ocasións, a entrada será libre ata completar o aforo e terá como obxectivo que o celtismo viva unido este e todos os encontros do RC Celta da tempada.
Vémonos, afección!