A Sede abrirá as súas portas para que os afeccionados celestes poidan gozar xuntos do partido, correspondente á Xornada 6 de LALIGA EA SPORTS, que enfrontará ao RC Celta e ao Athletic de Bilbao, ás 16:15 no estadio de San Mamés. A apertura de portas realizarase 30 minutos antes do comezo do partido (15:45) e o acceso será libre ata completar capacidade para todos os afeccionados que teñan o Carné Celtista en calquera modalidade (Celtista, As Celtas, Colaborador ou Abonado). Solicitarase o carné á entrada polo que é fundamental que todos os asistentes léveno, xa sexa de forma física como dixital.
Será un evento moi especial nun espazo único como o Salón Rexio de A Sede. Haberá unha sesión DJ para ir quentando motores antes do comezo do partido e unha mesa de comida do Trigal dispoñible durante o mesmo.
O celtismo unido como principal fonte de enerxía que seguro que axudará e empuxará ao equipo cara á vitoria. Vémonos, afección!