Hemeroteca celtismo

Este luns ponse á venda as últimas entradas para o Celta-Barcelona

RC Celta

De_Lucas-Alba.jpg

O club despachará un pequeno paquete de billetes devoltos

 

Este luns 25 de marzo poranse á venda na oficina de abonados do club un último paquete de entradas para o partido RC Celta-FC Barcelona (sábado 30, 18:00 horas).

 

Os afeccionados que non puideron conseguir billetes para asistir a este emocionante encontro, no que Balaídos presentará un ambiente de cheo absoluto, terán unha nova oportunidade para adquirir a súa entrada.

 

As entradas despacharanse até fin de existencias na oficina de abonados do estadio de Balaídos, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas