Deben adquirilo os abonados que renovaron ou se deron de alta despois do 19/07 ou do 31/12
Este mércores finaliza o prazo para que os abonados que o requiran retiren o suplemento do partido RC Celta-Real Madrid. Os abonados que renovaron o seu carnet ou se deron de alta despois do 19 de xullo, ou do 31 de decembro no caso dos anuais, deberán retirar un suplemento de 20 euros na categoría de adulto ou de 10 euros na Sub-24 para poder asistir ao emocionante choque deste domingo. Aqueles que tramitaron o seu abono con anterioridade a dita data poderán acceder ao estadio sen ningún coste.
O club anima a todos os abonados pendentes de retirar o seu suplemento a que acudan ás oficinas de abonados, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, para realizar a xestión. Balaídos presentará ante o Real Madrid un dos ambientes máis espectaculares da tempada. Trátase dunha ocasión inmellorable para despedir ao equipo celeste, no último partido que acolle o estadio vigués esta campaña, e disfrutar dunha auténtica xornada de celtismo ante un dos conxutos punteiros do contintente.