Hemeroteca celtismo

Este venres a Porta 1923 volve abrirse aos celtistas do mundo con máis contenidos exclusivos

RC Celta

balaidos-universal-logo-web-ok.jpg

O concurso ‘o 11 do Mapamundi’ e o recibimento ao equipo, entre as novidades

 

O vindeiro venres, con motivo do partido Celta-Málaga, a Porta 1923 abrirase de novo aos celtistas de todo o mundo, que, ademais de gozar dos exclusivos contidos da súa estrea, esta vez poderán ademais presenciar o recibimento do celtismo ao equipo e entrar a Balaídos para unirse á afección a través do concurso ‘O 11 do Mapamundi’: os gañadores compartirán nos videomarcadores as súas fotos celtistas cos seguidores presentes no estadio, e con todo o mundo a través da Porta 1923.

 

Os vencedores do concurso, desenvolvido a través das redes sociais do club con gran éxito, formarán unha aliñación de gala, “o 11 do mapamundi”, que será cantada polo speaker antes do comezo do partido. Unha selección do resto das fotografías enviadas poderán verse tamén a través da aplicación Porta 1923.

 

A Porta 1923 de Balaídos Universal inaugurouse o pasado 8 de Marzo, no encontro ante o Atlético de Madrid, un primeiro paso para que os celtistas de todo o mundo poidan gozar de contidos inéditos como as imaxes dos vestiarios, a saída dos xogadores, o quecemento do equipo, o himno a cappella ou os videomarcadores do estadio.

 

A estes contidos exclusivos sumaranse outros nesta xornada, como a retransmisión do ambiente da contorna de Balaídos antes do partido (20:00h), as espectaculares imaxes do recibimento da afección ao equipo na rúa Manuel de Castro (20:30h), a aliñación do ’11 do Mapamundi’ (20:45h) ou un carrusel de fotos dos participantes no concurso e a celebración dos goles celestes (23:00 horas).

 

Os usuarios de Android xa teñen dispoñible unha actualización da app e os do resto das plataformas poderán acceder a través do navegador no enlace www.balaidosuniversal.com/puerta1923.php

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas