Hemeroteca celtismo

Este venres finaliza o prazo para retirar o suplemento do RC Celta-Deportivo

RC Celta

aficion-siareiros1415.jpg

Deben adquirilo os abonados que renovaron ou se deron de alta despois do 17/07

 

Este venres finaliza o prazo para que os abonados que o requiran retiren o suplemento do partido RC Celta-Deportivo (martes 23 de setembro, 22h, Balaídos). Os abonados que renovaron o seu carné ou sde deron de alta despois do 17 de xullo deberán retirar un suplemento de 20 euros na categoría adulto e de 10 euros en Sub-25 para poder asistir ao clásico galego. Aqueles que tramitaron o seu abono con anterioridade a dita data poderán acceder ao estadio sen ningún custe.

O club anima a todos os abonados pendentes de retirar o seu suplemento a que acudan ás oficinas de abonados, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, para realizar a xestión e así poder disfrutar dun dos partidos máis atractivos e emocionantes de toda a tempada.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas