entradas fortuna
Celtismo

Este venres goza do Celta Fortuna – CP Cacereño en Abanca Balaídos!

RC Celta

Xa están á venda as entradas para a xornada 33 de Primera Federación que enfrontará ao Celta Fortuna e ao CP Cacereño este venres, 17 de abril, ás 19:00h. en Abanca Balaídos.

O custo das mesmas será de 15 euros e poderán adquirirse a través da web do Celta. Aqueles afeccionados que teñan o carné celtista en calquera das súas modalidades (Celtista, As Celtas, Colaborador e Abonado) poderán acceder co seu carné sen necesidade de comprar unha entrada adicional.

Imos a por este tramo final da tempada, XUNTOS!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas