Hemeroteca club

Estrella Galicia patrocinará ao Real Club Celta outras tres tempadas

RC Celta

acuerdo_estrella_25515.jpg

Os responsables de ambas entidades destacaron a súa satisfacción por prolongar unha sólida e entrañable relación

 

O presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, e o conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, asinaron esta tarde a renovación do acordo de patrocinio que une a ambas entidades, que estableceron unha sólida e estable relación fai xa varias tempadas que hoxe prolongaron por tres campañas máis. “Únenos a paixón por Galicia e representar todo o que significa esta terra”, comentou o presidente celeste.

 

Carlos Mouriño destacou o agradecimiento do club a Estrella Galicia “porque sempre estivo connosco e que sigan ao noso lado é moi importante para consolidar o noso proxecto”.

 

Sinalou que a ambas entidades “únenos ademais unha gran paixón, a paixón por Galicia. Eles e nós queremos representar todo o que significa esta terra. Oxalá estes tres anos convértanse en moitos máis”.

 

“Sentímonos moi satisfeitos porque sabemos que foi un gran sacrificio para Estrella Galicia”, engadiu o presidente celeste.

 

Ignacio Rivera subliñou que “para min é un día feliz como persoa e como empresa. É un acordo co Celta e a Fundación moi importante para nós”.

 

“Ratifica a nosa aposta polo fútbol galego”, apuntou Rivera, quen indicou que “é un contrato importante para nós, faremos un investimento que dobra ó que faciamos ata agora e é xusto facelo porque temos que estar co club e apoialo”.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas