Estrella Galicia súmase ás celebracións do Centenario do RC Celta lanzando unha edición especial de botellas que rende homenaxe ao equipo celeste e a toda a súa afección.
Baixo o lema “Sempre Celta”, a cervexeira galega presenta unha edición coleccionable de botellas con 12 etiquetas exclusivas. O coñecido deseñador Luís Davila foi o encargado de representar a 11 xogadores celestes históricos, seleccionados polos afeccionados a través dunha convocatoria en redes sociais. A duodécima outorga todo o protagonismo ao elemento máis valioso do club: a súa afección.
Hugo Mallo, Aleksandr Mostovoi, Santi Cañizares, Iago Aspas, Vlado Gudeli, Fernando Cáceres, Valery Karpin, Manolo, Mazinho, Míchel Salgado e Pahiño foron os xogadores elixidos para representar a historia do RC Celta a través das etiquetas de Estrela Galicia.
Preto de 3 millóns de botellas de 33 cl. desta edición coleccionable de Estrela Galicia chegarán a partir desta semana a locais de hostalería da contorna de Vigo e o Morrazo, unha proposta perfecta da cervexeira para brindar coa afección por este aniversario.