Cincuenta e cinco veciños do Concello de Sarria visitaron este sábado o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Vilarreal dentro do programa ” Eurorrexión Celeste”. Representando ao Concello acudiron D. Efrén Castro, Tenente Alcalde e Dna. Violeta Díaz, Vocal.
A expedición visitou o Museo onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño e o Director da Fundación D. Germán Arteta e presenciou o quecemento dos equipos antes do histórico encontro.