ESCUDO-1300x400-02
Centenario

O Centenario se mergulla na cultura: o Museo do Mar acolle desde o luns a exposición ‘100 anos de RC Celta. Gol e Arte’

RC Celta

Chega o primeiro gran evento cultural do Centenario do RC Celta. O Museo do Mar acollerá desde o vindeiro luns e durante varias semanas a exposición ‘100 anos de RC Celta. Gol e Arte’, que permitirá que cidadáns e afeccionados celestes poidan gozar dunha exclusiva selección das obras de grandes pintores galegos que o club foi coleccionando durante anos.

Con esta exposición organizada con motivo do Centenario, o RC Celta comparte a súa paixón pola arte cos seus afeccionados e os amantes da pintura nun marco espectacular, o Museo do Mar de Galicia, institución cultural da Xunta de Galicia  referente en Vigo que tamén quixo sumarse aos actos de conmemoración dos 100 anos de vida do club.

Con esta mostra, coa que tanto o Museo como o RC Celta establecen lazos de colaboración para o futuro, o club e a súa Fundación deixan patente unha vez máis a súa vocación de fomentar a cultura no seu territorio.

A exposición ‘100 anos de RC Celta. Gol e Arte’ será inaugurada o luns 23 de xaneiro, xusto sete meses antes da celebración do nacemento do club, ás 18:30 horas cunha trintena de obras de grandes pintores galegos como Laxeiro, Antón Pulido, Xaime Quesada, Leopoldo Varela, Lodeiro ou Antonio Quesada, entre outros.

O club poñerá ao dispor dos seus abonados un número limitado de invitacións para asistir á exposición, un acto en que se ofrecerá unha explicación detallada de cada unha das obras da mostra. Os abonados que desexen acudir a este evento poden cursar a súa solicitude AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Centenario

Noticias recomendadas