Yoel, Álex López e Rafinha atenderon a centeares de afeccionados nos grandes almacéns
Có obxectivo de achegar á afección aos xogadores do Celta, Canal+, o RC Celta e El Corte Inglés reuniron heox a tres futbolistas do primeiro equipo celeste nos grandes almacéns da Gran Vía de Vigo. Yoel, Álex López e Rafinha asinaron autógrafos, fixéronse fotografías e conversaron cós seguidores que se achegaron á quinta pranta de El Corte Inglés.
O comercio vigués encheuse dun auténtico espírito celtista. O evento foi todo un éxito ao congregar a un enorme número de afeccionados, que puideron coñecer de preto a estos tres xogadores do equipo vigués. Os futbolistas mostráronse moi próximos e accesibles e, dada a gran afluencia de celtistas, decidiron prolongar a súa presenza en El Corte Inglés máis aló da hora programada para poder atender á mayor cantidade posible de seareiros.
Esta iniciativa, que contou coa colaboración de El Corte Inglés, forma parte dunha serie de accións postasn en marcha por CANAL+ e o RC Celta de Vigo, no marco do acordo polo que a entidade deportiva cedía a CANAL+ a explotación dos seus dereitos audiovisuais durante tres tempadas. Ambas compañías abriron novas liñas de traballo, que van máis aló da explotación dos seus dereitos televisivos, coa intención de desenvolver accións de promoción do fútbol en todos os seus ámbitos.