ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

‘Fagamos Historia’: 94 por cento de renovacións e máis de 3020 solicitudes de alta

RC Celta

ADAPTACIONES RRSS 1920x1080

Cunhas condicións extraordinarias e novas vantaxes emanadas da firme vontade do club para mellorar e da participación directa da masa social a través de opinións, suxerencias e propostas, a campaña de abonados do RC Celta, ‘Fagamos Historia’, puxo punto e final á súa primeira fase. Fíxoo tras 25 días activa e cunhas cifras que evidencian a súa gran aceptación e o desexo do celtismo de volver gozar do equipo de Chacho Coudet en Abanca Balaídos. Selaron a súa renovación o 94 por cento dos abonados e ata a data solicitaron o seu ingreso na familia celeste máis de 3020 afeccionados.

Como vén sendo habitual, o club iniciará nos próximos días unha rolda de chamadas a aqueles abonados que non renovaron o seu carné para coñecer as causas e tentar liquidar calquera problema ou dúbida que lles puidera xurdir.

O vindeiro luns comezará tamén a campaña de cambio de asento e a partir do 26 de xullo procederase a tramitar as solicitudes de alta que rexistradas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas