ADAPTACIONES RRSS 1920x1080
Celtismo

‘Fagamos historia’ convence e ilusiona: rexistradas xa máis de 2000 solicitudes de alta

RC Celta

 

ADAPTACIONES RRSS 1920x1080

A campaña de abonados do RC Celta para a presente tempada, ‘Fagamos Historia’ convence e ilusiona, como demostra o aluvión de renovacións e solicitudes de allta que se rexistrou desde o seu lanzamento hai apenas oito días.

A oficina de abonados da entidade celeste recibiu máis de 2000 solicitudes de alta, o que supón un incremento do 43 por cento con respecto á pasada tempada.

Os principais puntos desta ambiciosa campaña son os seguintes:

Nova categoría Sub-30: condicións extraordinarias para abonados en idades comprendidas entre 26 e 30 anos.

Facilidades de pago para todos os abonados: accede ao pago fraccionado en 4 cotas e/ou demora 3 meses o pago da primeira cota sen intereses (gasto de xestión 5%). Dispoñible para todos os abonados, sen necesidade de información financeira.

Novo portal do abonado: unha plataforma moderna e operativa na que se poderá tramitar a renovación do abono, actualizar datos persoais, solicitar cambios de asento e realizar todo tipo de xestións. Tramita a renovación de varios abonados na mesma operación!

Novas altas: inscrición na lista de espera desde o 21 de xuño. Os antigos abonados das tempadas 2019/20 ou 2020/21 non pagan cota de alta.

Xestión presencial para maiores de 65 anos: os abonados con máis de 65 anos poderán xestionar se o prefiren a renovación do seu abono presencialmente nos despachos de billetes de Abanca Balaídos. Para evitar colas e mellorar o atendimiento recomendamos pedir cita previa aquí ou nos teléfonos 986.213.230 e 986.213.234.

Ademais, mantéñense importantes beneficios de anteriores tempadas:

Carné Miudiño gratis: unha tempada máis, consérvase o carné gratuíto para menores de 5 anos.

Desconto para abonados con diversidade funcional: o club ofrece un 25% de desconto a abonados con diversidade funcional superior ao 65%. Ademais, se necesita acompañante, o club estudará a súa solicitude para ofrecerlle unha invitación para cada partido.

Descontos accionista e familiar: recupéranse nesta campaña de maneira excepcional. Na tempada 2023/24 substituiranse por un novo programa de descontos.

Moedeiro virtual: aos abonados que aínda teñan saldo no seu moedeiro virtual descontaráselles automaticamente do importe para pagar no seu abono.

Desconto especial en camisetas oficiais: ata o 31 de agosto, os abonados con carné da tempada 2022/23 poderán adquirir a primeira ou segunda camiseta oficiais por 66,95€ adulto e 48,95€ infantil.

Acceso a partidos: acceso a partidos como local do RC Celta, Celta B , Celta C – Gran Pena e Celta Zorka – Recalvi.

Desconto en tendas oficiais: desconto do 10% en tendas oficiais do RC Celta.

Prioridade na compra de entradas visitantes.

Unha campaña nada da colaboración entre club e celtismo, destinada a reunir a toda a familia celtista nun RC Celta de todos, para todos e con máis ilusión e ambición que nunca: “Fagamos historia”.

As xestións relacionadas coa nova campaña de abonados 2022/23 poden realizarse xa  AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas