Hemeroteca celtismo

Faite xa o teu Carné Anual 2014 e desfruta de balde do Celta-Osasuna

RC Celta

abonos_anuales_14_portada.jpg

Últimos días da Campaña Anual de Abonados 2014, que finaliza o 25 de decembro

 

ABONOS ONLINE: www.celtavigo.org/abonosCelta

CONTACTO ABONADOS: 986.21.32.30 / [email protected]


 

A campaña de abonos anuais para o ano 2014, que recolle as mesmas condicións e vantaxes de que se ofreceron durante o verán, engade outro atractivo á súa oferta. Se os afeccionados que se deron de alta antes do 7 de decembro puideron desfrutar da vctoria do Celta en Copa ante o Athletic, agora tamén poderán asistir de balde ao último encontro do ano en Balaídos. Desta forma, os seguidores que formalicen nas próximas datas o seu carné anual para o ano 2014, poderán utilizalo desde a xornada 17 de Liga, na que os celestes mídense ao CA Osasuna (21:30 horas).

 

O club anima aos afeccionados a xestionar a súa renovación ou alta canto antes, para así evitar as aglomeracións propias dos útlimos días de campaña e para beneficiarse das condicións especiais, dispoñibles ata o 25 de decembro.

 

Anuales_Celta-Osasuna.jpg

 

A campaña anual presenta unhas vantaxosas condicións de renovación. Os abonados que renoven o seu carné antes do día 25 de decembro beneficiaranse dun desconto especial polo 90 aniversario do club. Esta rebaixa dun 10% sobre o custo do abono é acumulable ao desconto de accionista ou familiar até un máximo do 20%. Ademais, tanto renovacións coma altas tramitadas antes de dita data quedarán exentas de pagar suplemento nos partidos designados como ‘Día do Club’.

O club oferta outra interesante vantaxe aos afeccionados que decidan darse de alta. Os seguidores que formalicen o seu carné, válido a partir de Xaneiro de 2014, nos primeiros días de campaña, poderán acudir ao partido de dezaseisavos de final de Copa do Rei ante o Athletic Club, que se celebrará en Balaídos o vindeiro sábado 7 de decembro.

A partir do 25 de decembro as renovacións terán o mesmo custo que as altas, aínda que sen a cota que se aplica a estas últimas. En ambos os casos, pagarán suplemento os días de club e os prezos que se aplicarán serán os propios da campaña anual 2014.

 

abonos_anuales_folleto2_ok.jpg

 

 

Mantéñense as habituais facilidades de pago a través do cartón comercio e Crediventa. Os que opten por fraccionar o seu abono poden facelo até seis meses sen intereses ou en nove e doce cun pequeno cargo.

 

O horario das oficinas de abonados é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas