E0C6hWgXMAMmghP
O Club

Felipe Miñambres, homenaxeado en Tenerife polo Concello e o club

RC Celta

O director deportivo do RC Celta, Felipe Miñambres, viviu uns días intensos e plenos de emocións en Tenerife, onde recibiu senllos recoñecementos do Concello de Santa Cruz e do CD Tenerife, club no que militou durante unha década na que disputou 357 encontros oficiais. O directivo celeste recibiu a Medalla ao Mérito Deportivo do Concello de Santa Cruz de Tenerife e o Trofeo Lenda o club, no que deixou unha profunda pegada tanto polo seu rendemento como a súa entrega e profesionalidad.

Miñambres expresou o seu agradecimiento á cidade e ao club por estes recoñecementos que chegan “nunha data tan próxima ao Centenario do club” e recoñeceu que “en Tenerife séntome como en casa. Logo de tantos anos séguenme valorando e apreciando”.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas