O RC Celta foi recoñecido nas IV Jornadas de Clubes co mellor contido publicado en redes sociais polo especial “Fin de ano Celta Media”. Un galardón outorgado ao traballo da área de Marketing e Comunicación cos votos de Laliga e os clubs que, a través da Oficina de Clubs, destacan as mellores iniciativas levadas a cabo nos distintos ámbitos de negocio ao longo do ano 2024. Neste apartado, foron finalistas o Atlético de Madrid e a Real Sociedad.
Iago Aspas, Borja Iglesias e Óscar Mingueza, acompañados doutros invitados especiais, deron a benvida ao 2025 nunha retransmisión chea de emoción, sorpresas e, por suposto, moito celtismo. Un contido, publicado na canle de Youtube do RC Celta, que xerou máis de 4 millóns de impresións, 3 millóns de visualizacións e 110.000 interaccións nas redes sociais. Un éxito que agora tamén recibe o recoñecemento de Laliga e dos compañeiros de profesión dos outros clubes de Primeira División nunhas xornadas que buscan crear sinerxias e seguir crecendo xuntos.