Un novo céspede de características excelentes agarda ao primeiro equipo en Balaídos. As obras de instalación do tapete finalizaron xa, dentro do prazo previsto, e poderá ser estreado con total garantías no partido de Liga do domingo ante o Sevilla FC. Antes, o sábado, os futbolistas celestes terán a súa primeira toma de contacto co novo terreo de xogo, xa que o corpo técnico ha programado no estadio olívico a última sesión de adestramento da semana.
O céspede elixido para Balaídos é un mix de Lolium perenne e Poa pratensis producido en Burdeos, unha combinación ideal para o clima Atlántico galego. Coa substitución do antigo terreo de xogo, moi deteriorado, cóbrese unha das demandas máis urxentes para o RC Celta.