Hemeroteca celtismo

Financia o teu carné con gran flexibilidade e desde calquera conta bancaria (2)

RC Celta

tablaprecios1617

Unha das grandes novidades da campaña de abonados 2016/2017, marcada polo meritorio e ansiado regreso a Europa do Real Club Celta, é a modalidade de financiamento que o club pon a disposición dos seus abonados. Por primeira vez, esta posibilidade de pago fraccionado é accesible a todos os abonados con independencia da entidade bancaria da que sexan usuarios. Para poder financiar o carné, só necesítase un DNI e unha conta corrente en calquera banco.

 

Tamén por primeira vez, o abonado poderá elixir con total flexibilidade o número de cotas que desexa para pagar o seu carné, desde 3 até 12, sempre que o cargo sexa superior a 30 euros. Os abonados poden financiar os carnés que sexan necesarios para alcanzar esta cota, é dicir, se nunha mesma familia hai varios abonados poderase fraccionar o pago sumando o importe de diversos carnés.

 

Trátase, en definitiva, dunha modalidade de pago que permite afrontar o custo do carné cunha flexibilidade extraordinaria e cunhas condicións moi vantaxosas.

 

Ademais, os abonados celestes poderán aprazar o primeiro dos seus pagos até un máximo de 59 días, é dicir, poderían comezar a pagar o seu carné até dous meses despois de selar o financiamento. Esta iniciativa, que tamén é completamente nova, permitiralle ao abonado celeste elixir o momento que lle resulte máis propicio para comezar a sufragar as cotas.

 

Toda a información sobre a Campaña de Abonados aquí

Abónate online aquí

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas