Hemeroteca celtismo

Firma de autógrafos dos capitáns celestes Augusto e Cabral na Cervexería Estrella Galicia

RC Celta

 

augusto-cabral-firmaestrella-261015

 

Este martes 27 de outubro entre as 19:00 e as 20:00 horas terá lugar un acto de firma de autógrafos aos afeccionados por parte dos capitáns do Real Club Celta, Augusto Fernández e Gustavo Cabral.

 

Trátase dunha acción aberta ao público a través da que tanto o club como un dos seus principais patrocinadores, Estrella Galicia, perseguen fomentar o contacto e o achegamento entre equipo e afección, agradecendo así o gran apoio que está a recibir o Celta por parte da bancada esta tempada.

 

Data: martes 27 de outubro

Hora: de 19:00 a 20:00 horas

Lugar: Cervexería Estrella Galicia de Vigo (Praza de Compostela)

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas