A empresa de moda galega organizou unha firma de autógrafos na súa céntrica tenda de Vigo
Os xogadores do primeiro equipo De Lucas, Sergio e Jonathan Vila atenderon esta tarde aos afeccionados célticos na tenda Florentino de Vigo (C/Príncipe, 8).
Desde as 17:30, o tres futbolistas asinaron autógrafos e charlaron cos seguidores que se achegaron ao establecemento da empresa galega. Florentino, marca de referencia na moda masculina desde hai décadas, foi a firma encargada de deseñar os traxes oficiais que o Real Club Celta viste esta tempada.
O evento serviu para que celtistas de todas as idades puidesen coñecer en primeira persoa aos xogadores do primeiro equipo. Este tipo de accións, organizadas coa inestimable colaboración dos patrocinadores do club, seguirán levándose a cabo en próximas datas co obxectivo de que a afección poida manter un contacto directo cos membros do primeiro plantel.