Hemeroteca club

Florentino e o RC Celta organizan unha sinatura de autógrafos de xogadores celestes

RC Celta

Florentino_Moda.jpg

De Lucas, Sergio e Vila atenderán aos afeccionados na tenda Florentino da rúa Príncipe (Vigo)

 

FLORENTINO organiza da man do Real Club Celta de Vigo, unha firma de autógrafos con tres dos xogadores do persoal celeste, que terá lugar mañá venres 22, a partir das 17:30 horas, na tenda FLORENTINO da C/ Príncipe de Vigo, 8.

 

Á firma de autógrafos acudirán os xogadores celestes Quique de Lucas, Sergio Álvarez e Jonathan Vila.

 

Esta acción realízase dentro do marco de colaboración entre a compañía e o R.C.Celta, que loce estilo FLORENTINO de maneira oficial esta tempada 2013.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas