WhatsApp Image 2024-04-17 at 13.37.48 (1)
Novas club

Fortalecer, impulsar e optimizar para mellorar rendemento e competitividade: Así é a nova Área de Fútbol do RC Celta

RC Celta

Marco Garcés, Director do Fútbol do RC Celta, presentou, nunha rolda de prensa no Salón Rexio de A Sede, a reorganización e organigrama da área de fútbol do club. Estivo acompañado polos responsables de cada área: Edu Covelo, director de metodoloxía; Álex Otero, director de Scouting; Álex Andújar, director C&D e Míchel Martínez, director de administración.

Marco Garcés destacou a importancia da reorganización para fortalecer a estrutura do club, impulsar o seu rendemento deportivo e optimizar o seu funcionamento en todos os niveis. “Estamos enfocados en construír un futuro exitoso para o club e estas medidas son un paso importante nese camiño”.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas