Banner Web (2)
Novas club

Fredi Álvarez renova por dúas tempadas

RC Celta

Fredi Álvarez continuará ligado ao club celeste por dúas tempadas máis. O adestrador moañés, quen actualmente dirixe á Celta Fortuna, demostrou a súa valía e compromiso ao dirixir ao equipo nunha notable campaña que levou ao filial a ocupar postos de playoff.

Fredi asina por dúas campañas na estrutura do club e comezará esta nova etapa no banco do filial, que baixo os mandos do técnico moañés logrou terminar a tempada 23/24 na cuarta posición da táboa con 65 puntos e 67 goles, destacándose como o equipo máis goleador do Grupo I de Primeira Federación.

Cunha longa historia de vinculación ao RC Celta, Fredi Álvarez foi técnico en diferentes categorías do club: fútbol basee, Celta Xuvenil e Celta C – Gran Peña. O seu compromiso coa filosofía celeste e a súa habilidade para cultivar o talento novo convérteno no líder ideal para a Celta Fortuna, pero tamén unha peza de gran valor para o club. A renovación do seu contrato reflicte a confianza do club na súa capacidade para seguir impulsando a canteira e os valores do RC Celta durante as próximas dúas tempadas.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas