ESCUDO-1300x400-01
Novas club

Gabri Veiga, repite e obtén o Premio Estrella Galicia de outubro: “confío cegamente no equipo”

RC Celta

É, sen dúbida, unha das grandes sensacións da tempada. Así o percibe tamén a afección do RC Celta, que de novo recoñeceu a Gabri Veiga co Premio Estrella de Galicia ao mellor xogador do mes, nesta ocasión de outubro. O canteirán, que avantaxou na votación final a Larsen e Aidoo, os outros dous finalistas, obtén desta maneira o seu segundo Premio Estrela Galicia consecutivo tras un mes no que o equipo obtivo unha valiosa vitoria ante o Betis e competiu de maneira brillante no Camp Nou. Gabri Veiga acumula esta tempada 3 goles, o último deles anotado ante o Almería no último choque de outubro.

“Moi agradecido á afección, Estrella Galicia e sobre todo aos meus a compañeiros, que o fan moi fácil”, comentou Gabri Veiga, quen destacou que “aínda que non esteamos nunha boa situación confío moitísimo no equipo e no corpo técnico e en que imos saír adiante”.

Sobre o grupo de traballo que lidera Carlos Carvalhal, sinalou que “ten boa pinta e nestes primeiros días fixeron fincapé en algo  que a min gústame, os aspectos tácticos. As súas ideas gústanme, como o que dixo o míster de apostar polos mozos, encantado nese sentido e seguro que vai ir todo ben”.

O centrocampista celeste recoñeceu que o parón será beneficioso para o equipo: “Ao ter míster novo, que quere que asimilemos as súas idea, este parón vai vir ben para recoller esas ideas e volver moito máis fortes o 31 ante o Sevilla en casa”.

“Confío cegamente no equipo”, concluíu o gañador do Premio Estrella Galicia de outubro.

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas