ESCUDO-1300x400-02
Novas club

Gabri Veiga suma o seu cuarto ‘Premio Estrella Galicia’: “É un soño gañar un premio que conseguiron os meus ídolos”

RC Celta

Un mes de traballo e entrega recoñecido pola afección do RC Celta. Gabri Veiga é o gañador do Premio Estrela Galicia ao mellor Xogador do Mes, neste caso de xaneiro. O de Porriño suma o seu cuarto galardón esta tempada. O canteirán avantaxou na votación final a Iago Aspas e Strand Larsen. Gabri sobresaíu no voto da afección nun mes onde o RC Celta sumou vitorias ante o Elxe e o Athletic Club, un empate ante o Vilarreal e unha derrota na súa visita a Mallorca. “Sempre é un orgullo recibir un Premio que gañaron os teus ídolos e espero que cheguen máis” afirmou Veiga. O medio quixo dedicar unhas palabras a Iago Aspas, tamén finalista deste mes, asegurando que “para a miña sempre será o mellor, ten un nivel que non temos ningún”.
Gabri analizou que “sabiamos que ía ser unha tempada moi dura, pero prepareime no verán fisicamente e todo vai saíndo ben”. “Todo o que me está pasando é un soño e estou a vivir un dos momentos máis felices da miña vida” puntualizou o centrocampista.

RC Celta

Etiquetas

Novas club Novas destacadas

Noticias recomendadas