hor
Celtismo

Galería de imaxes da afección en Abanca Balaídos no RC Celta vs Rayo Vallecano

RC Celta

O partido entre o RC Celta e o Rayo Vallecano reuniu a 21.505 afeccionados no estadio Abanca Balaídos. Un domingo de Pascua no que o voso alento sentiuse en cada recuncho do noso estadio, e iso é algo do que sempre vos estaremos agradecidos. A nosa maior sorte é contar cunha afección con tanta AFOUTEZA e CORAZÓN como a vosa. É un gran orgullo saber que sempre estades ao noso carón e que cada vez somos máis. GRAZAS!

Sabedes que, como celtistas, tamén formades parte deste club, polo que a continuación tedes a galería coas mellores fotos das bancadas, nas que seguro atoparedes algunha cara coñecida.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas