20240329_Entrenamiento_PuertaAbierta_AbancaBalaidos_aficion-78
Celtismo

Galería de imaxes do noso Venres Santo celeste!

RC Celta

O pasado venres Santo foi un día moi especial para todo o celtismo. O estadio Abanca Balaídos abría as súas portas para gozar todos xuntos do adestramento do primeiro equipo. Más de 6.400 persoas unidas por un mesmo sentimento, por un mesmo corazón celeste.

Alegría e ilusión nun festivo no que a forte choiva deu tregua durante as case dúas horas e na que os afeccionados puideron gozar, ademais da sesión preparatoria dos xogadores, da homenaxe a Samuel Comesaña, xogador do Fundación Celta Integra, que anunciou nas últimas semanas a súa retirada do fútbol por lesión.

Como celtistas, tamén formades parte deste club, polo que a continuación tedes a galería coas mellores fotos das bancadas nas que seguro atoparedes algunha cara coñecida. Para o RC Celta é todo un orgullo sentir a vosa calor en cada paso que damos e nunca nos cansaremos de darvos as GRAZAS, AFECCIÓN!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club Novas destacadas

Noticias recomendadas