Ascatro provincias galegas entrarán este luns na segunda fase do proceso de desescalada, un novo paso cara á normalidade que chega grazas ao compromiso e responsabilidade de toda a cidadanía. Desde o RC Celta congratulámonos por este avance, que ven acompañado de normas máis flexibles para os comercios e os cidadáns.
O RC Celta anima a todos os seus afeccionados, e á poboación en xeral, a seguir respectando as medidas de seguridade e hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias, tamén nesta fase 2. Debemos lembrar que a loita contra o coronavirus aínda non terminou, aínda queda camiño por percorrer e en ningún caso debemos relaxarnos. Manténdonos concienciados e unidos, como até agora, lograremos chegar moi pronto á meta.
Xuntos somos máis fortes. Afouteza e corazón!