invasion-celeste-2017-gorro.jpg
Audiovisual

Galmotor tingue de Nadal a nova edición de ‘Invasión Celeste-La Fe Seguros’

RC Celta

Achégase unha nova edición de ‘Invasión Celeste – La Fe Seguros’, a carreira popular da Fundación Celta de Vigo que o pasado ano contou con máis de 1.700 participantes de todas as idades e que regresa o próximo día 8 de decembro. Co Nadal xa ao virar a esquina, un dos patrocinadores da carreira, Galmotor (concesionario oficial de Ford), agasallará a todos os participantes cun gorro do Nadal que fará aínda máis especial o evento.

A carreira dividirase en diferentes categorías. Haberá unha distancia de 6’7 km para os adultos con saída e meta no estadio de Balaídos, unha distancia de 1km para os mozos de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos e para os máis pequenos de 2 a 6 anos prepárase unha carreira no interior do estadio. Todo iso acompañado de animación musical, actividades, inchables no interior de Balaídos…

Para participar na ‘Invasión Celeste’ deberá realizarse a inscrición na páxina web magmasports.com ata o día 4 de decembro. Este ano ademais os dorsais entregaranse na festa preparada para o día 6 la praza da nadadora fronte o centro comercial A Laxe, situada na rúa As Avenidas, así como en Balaídos o día da carreira na bancada de Fondo, ata media hora antes de cada proba, acceso pola porta 14.

A Fundación Celta de Vigo continúa traballando para formentar o deporte e o celtismo na sociedade e anima a todos os afeccionados a participar neste ilusionante evento.

CATEGORÍAS
11:00 Chiquiceltas.
Nenos e nenas. Nacidos en 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015.
Percorrido de 50 metros dentro do estadio.
11:30 Nenos e nenas: nacidos entre o 2013 e o 2010.
Percorrido de 1 K. Unha volta ao exterior do estadio e meta no interior.
12:00 Homes e mulleres: nacidos entre 2002 ou anteriores.
Percorrido de 6’7 K.
RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celtismo

Noticias recomendadas