ACTUALIZACIÓN: Unha vez rematado o periodo de participación no concurso e realizado o sorteo, o gañador da “Chaqueta do himno” do Real Club Celta é: Victor Currás – @zumedepinha. Parabéns!
Coa intención de fomentar a promoción e a presencia das redes sociais do Real Club Celta de Vigo, créase un concurso para escoller o mellor partido do Celta esta tempada co lema “O Partidazo”.
1. MECÁNICA
Este concurso vai dirixido a usuarios da rede social de Twitter
A participación no concurso implica a aceptación das bases.
Para participar:
1- Facerse seguidor da conta @rccelta_oficial en Twitter
2- Responder á publicación na que se pregunta cal foi o mellor partido do Celta esta tempada empregando o hashtag #OPartidazo e mencionar á conta @rccelta_oficial.
3- Contabilizaránse todas as respostas, considerando soamente aquelas que se refiran a partidos do Real Club Celta de Vigo da tempada 2015-2016.
4- Non poderán obter o premio aqueles que non se teñan feito seguidores da conta @rccelta_oficial antes do domingo 24 de xaneiro de 2016 ás 23:59.
2. SORTEO
O sorteo realizaráse o día 25 de xaneiro entre todos aqueles que cumpriran as normas.
3. PREMIO
O premio consta dunha “Chaqueta Himno” oficial do Real Club Celta da marca Adidas.
O premio será entregado nunca antes 26 de xaneiro de 2016.
Os nomes dos premiados serán comunicados dende a páxina web do Real Club Celta (www.celtavigo.net) e na conta de Twitter e serán contactados mediante mensaxe privada a través das redes sociais.
No caso que o premiado non reclame o premio antes de 7 días dende a sua publicación, volverase a realizar o sorteo cos participantes.
4. EXCEPCIÓNS
Calquera información que non figure nas bases anteriormente descritas, quedará baixo a decisión da organización do concurso.
O premio podería considerarse deserto no caso que a organización o considerase oportuno.