O RC Celta e Halcón viaxes asinaron un acordo de colaboración que a converte na axencia de viaxes oficial do club, a través da súa división especializada Globalia Meetings & Events.
O acordo terá unha duración de até tres anos e inclúe servizos de transporte e aloxamento para os xogadores do primeiro equipo e staff técnico, así como publicidade no estadio e cidade deportiva ou outras accións asociadas ao club.
Igualmente, a rede de axencias de viaxes máis grande de España ofertará múltiples servizos e produtos para todos os afeccionados, tanto nos desprazamentos dos equipos como nas propias instalacións do club.
O conselleiro do club, Primitivo Ferro, sinalou que “no RC Celta estamos moi contentos e orgullosos de volver traballar con Globalia; para o club é moi importante nestes momentos que unha empresa da súa categoría únase ao proxecto do club para poder seguir crecendo e evolucionando ao máis alto nivel profesional. Ademais, é unha garantía para os nosos equipos e afección ter un partner loxístico coa experiencia, dedicación e profesionalidade como Globalia”.
Pola súa banda, desde Globalia Meetings and Events, Carlos Gutiérrez Rubio, director da zona norte, destacou que “é un orgullo e un gran reto volver traballar co RC Celta de Vigo e unha aposta importante polo deporte galego ás portas do Xacobeo 2021”.
O RC Celta leva 9 tempadas consecutivas na liga Santander, en 1ª División, sempre no Top-10 en termos de audiencias e seguidores, e celebra este ano o seu 97 aniversario.