ESCUDO-1300x400-02
Centenario

O xornalista Gonzo, Embaixador do Centenario do RC Celta

RC Celta

Os ex xogadores Eusebio Sancristán -tamén inesquecible adestrador_ e Míchel Salgado foron os dous primeiros Embaixadores do Centenario do RC Celta. Cambia a actividade, pero non os motivos, co nomeamento do seguinte: o xornalista Fernando González ‘Gonzo’. Celtista de corazón, non perde nunca ocasión para proclamar, alá onde estea, o seu amor polo escudo celeste.

Gonzo é dabondo coñecido pola súa carreira radiofónica e televisiva, así como polos seus dous libros publicados con notable éxito, e na actualidade conduce o programa ‘Salvados’. Todos os que seguen minimamente a súa traxectoria coñecen a súa paixón polo RC Celta, que exhibiu con orgullo en innumerables ocasións en numerosas plataformas.

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Centenario

Noticias recomendadas