Hemeroteca celtismo

Gran ambiente na firma de xogadores e técnico celestes en El Corte Inglés

RC Celta

firmaselcorte111214.jpg

Iniciativa do club, coa colaboración dos grandes almacéns e Canal +, para achegarse aos afeccionados

 

El Corte Inglés rexistrou esta tarde un gran ambiente celtista na multitudinaria firma de autógrafos de xogadores e adestrador do Real Club Celta organizada polo club, coa colaboración de Canal+ e os grandes almacéns, co obxectivo de reforzar o achegamento entre Celta e afección. Innumerables seguidores acudiron á Planta 6 do establecemento comercial situado en Gran Vía para obter os autógrafos e fotografarse cos futbolistas Nolito e Larrivey e o técnico Eduardo Berizzo.

 

O encontro entre xogadores, adestrador e afección congregou a centenares de seguidores, que xa facían cola con moita antelación para poder compartir uns minutos cos protagonistas do primeiro equipo celeste.

 

Técnico e futbolistas atenderon con entusiasmo aos afeccionados durante máis de hora e media nunha nova iniciativa encamiñada a promover o achegamento entre club, equipo e afección, que unha vez máis demostrou a gran ilusión e confianza que depositou no conxunto celeste.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas