Hemeroteca celtismo

Gran expectación en torno á proposta do Celta para vivir o derbi en Balaídos

RC Celta

Derbi-4-3-610x400.jpg

Moita demanda de entradas, á venda na tenda do club por 1 euro. Haberá sorteos e agasallos 

 

O evento organizado polo Real Club Celta para que a afección celeste poida vivir de xeito especial o derbi do próximo sábado xerou unha gran expectación. A tenda oficial do club entregou nas primeiras horas deste luns máis dun centenar de entradas para este acontecemento, que terá lugar no interior da Grada de Río Baixo e chegará cargado de sorteos e agasallos para os asistentes.

Ás 18.00 horas, a porta 19 do Estadio de Balaídos dará acceso ao interior de Río Baixo, onde, na zona onde están situadas as cantinas, desenvolverase un evento ideado para que o celtismo poida gozar da gran festa do fútbol galego, o derbi ante o Deportivo de La Coruña, de xeito diferente e entretido, con actividades e numerosos sorteos e agasallos para os asistentes.

 

O derbi poderase ver en dúas pantallas xigantes situadas nos extremos do corredor interior de Río Baixo e nos monitores instalados nas cantinas desta grada, con amplas zonas de restauración.

 

As entradas para este evento pódense adquirir, un máximo de dúas por persoa, na tenda oficial do Real Club Celta situada nos baixos de Balaidos, con horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, por tan só 1 euro.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas