Hemeroteca club

Gran respaldo da Xunta de Accionistas ás contas do Real Club Celta

RC Celta

JUNTA_GENERAL_2013.jpg

Todos os puntos da orde do día aprobáronse sen votos en contra 

 

A Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Celta aprobou esta tarde sen votos en contra, as contas anuais, cun beneficio neto de case 10.2 millóns de euros e o informe de xestión. Así mesmo apoiou sen oposición o orzamento da tempada 2013-2014, que ascende a case 30,5 millóns de euros cun beneficio previsto de 2,4 millóns.

 

A Xunta acudiron un total de 53 accionistas que incluíndo os representados, sumaron o 44,5 por cento do capital total.

 

O presidente celeste, Carlos Mouriño, contestou as preguntas dos accionistas e explicou tamén o orzamento da tempada en curso. Cifrou en 9 millóns netos o montante da débeda concursal e anunciou que en xuño será duns 4 millóns, o que supón que nas últimas cinco tempadas rebaixouse en 25 millóns de euros.

 

As exposicións correron a cargo de María José Herbón, directora Financeira do club e Miguel Torrecilla, director deportivo, que explicaron de maneira pormenorizada os aspectos económico e deportivo da entidade.

 

Tamén se aprobou con idéntico respaldo o nomeamento de conselleiros polo prazo estatutario de dous anos: Carlos Mouriño, Ricardo Barros, Pedro Posada, Antonio Rosendo, Carmen Avendaño e Primitivo Ferro.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas