Hemeroteca club

¡Grazas e ata sempre Tito!

RC Celta

tito

Vídeo de homenaxe a Roberto Lago elaborado por Celta TV http://t.co/D2H1AnXcNO

 

Roberto Lago, celeste desde e para sempre, despediuse esta mañá cunha emotiva roda de prensa en Balaídos na que lle acompañou o vicepresidente do club Pedro Posada. O Real Club Celta quere agradecerlle o seu lealtad, compromiso e paixón por un escudo que defendeu cunha entrega absoluta durante dezaoito anos e desexarlle un gran éxito na súa nova etapa deportiva.

 

Roberto ingresou no club con nove anos de idade e foi pasando polas distintas categorías, en moitas ocasións con menor idade da correspondente, ata debutar co primeiro equipo en agosto de 2007 nun partido ante o Córdoba.

 

Abandona agora o club no que creceu como xogador e como persoa para emprender un novo reto. Deixa dezaoito anos cheos de vivencias e recordos imborrables. Lévase o agarimo da afección e o respecto dos seus compañeiros, gañados ambos con entrega, profesionalidad e un comportamento exemplar ata o último minuto do último partido. Luciu sempre a camiseta con orgullo e defendeuna con paixón, como o brazalete de capitán cando lle correspondeu. ¡Grazas e ata sempre Tito!.

 

Vídeo elaborado por Celta TV con motivo da súa saída do club:: http://t.co/D2H1AnXcNO

 

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas