ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

Gran impulso ao proxecto GS 360: A Xunta de Galicia declárao de Interese Autonómico

RC Celta

ta prensa gs 360 horiz 30522

O proxecto do RC Celta Galicia Sports 360 recibe un importante impulso tras a súa declaración por parte da Xunta de Galicia como de Interese Autonómico, un paso previo e necesario, e dunha enorme dimensión, para o desenvolvemento na contorna da Cidade Deportiva Afouteza dunha iniciativa cun investimento de máis de 70 millóns de euros que supoñerá a creación de centos de postos de traballo. A Xunta abre agora un trámite de audiencia de dous meses para os Concellos e administracións implicadas a cuxo  termo procederase á declaración definitiva.

GS 360 Trátase dun proxecto crave para o crecemento do RC Celta que modificará por completo a industria do deporte en Galicia e impulsará e potenciará a formación de clubs, atletas e federacións. Combinará innovación e formación, saúde, turismo deportivo e restauración, investigación, lecer, multideporte e compromiso social na formación de deportistas e dos propios xogadores da canteira do club.

A Xunta de Galicia destaca no seu relatorio que no proxecto celeste “concorre a idea do deporte como unha actividade de interese púbico que coadxuva ao crecemento e a cohesión social e a igualadade de xénero».

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club

Noticias recomendadas