Audiovisual

‘Hai motivos’, a campaña de abonados do RC Celta chega cargada de novidades

RC Celta

Hai motivos, e moitos. A campaña de abonados do RC Celta para a tempada 2018/2019, que chega cargada de novos retos e ilusións, ofrece numerosas novidades e iniciativas ideadas cun só obxectivo: crecer para aumentar o apoio ao equipo.

Para iso, baixo o lema ‘Hai motivos’, o RC Celta realizou un notable esforzo: Esta tempada, de xeito extraordinario e con motivo da conmemoración do 95 aniversario do nacemento do club, non haberá cota de alta para os 2.500 primeiros novos abonados.

Ademais, os prezos mantéñense e báixanse en Tribuna Baixa, que se iguala con Río Baixo. O club expedirá tamén carnés gratuitos aos nenos menores de 5 anos fillos de abonados.

Outra das grandes novidades radica no esforzo realizado para facilitar a tramitación das renovaciones. Ademais da posibilidade de realizalas online, tamén se poderán tramitar en calquera dos numerosos caixeiros da rede de oficinas de ABANCA. Nestes dous casos, e con data límite do 7 de xullo, aplicarase un desconto do 5 por cento sobre o prezo do carné, acumulable aos habituais, familiar, accionista e asistencia, ata un máximo do 15 por cento. O desconto do 5 por cento aplicarase tamén ás altas online ata a data sinalada. Tanto as altas como as renovaciones tramitadas nas anteriores condicións estarán exentas do pago de suplemento nos días do club.

Esta campaña de abonados, a máis ambiciosa e con condicións máis novedosas das realizadas polo club nos últimos anos, propón melloras tamén na bancada de animación, na que non haberá límite de idade e os abonados interesados participarán de xeito directo na configuración desta bancada. Poden facelo na web https://animacion.rccelta.es/

Como en anteriores campañas, ofreceranse ventaxosas condicións para financiar os carnés cunha gran flexibilidade en Abanca.

Os abonados terán ademais a oportunidade de incluír a nova camiseta, primeira e segunda, na tramitación do abono ata o 7 de xullo e obtela cun prezo especial de 67 euros,

Toda a información, e as preguntas frecuentes, da campaña de abonados foi recollida ao detalle nunha páxina web específica: http://www.haimotivos.rccelta.es na que ademais desde mañá pódense realizar altas e renovaciones.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Celtismo Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas