Antes do partido de Liga ante a Valencia CF en Balaídos, o RC Celta, a través da Fundación Celta dedicou unha sentida homenaxe á Asociación Galega San Francisco polo seu quincuaxésimo aniversario. A institución viguesa, cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas con capacidade con discapacidade intelectual e das súas familias, recibiu de mans da conselleira celeste Carmen Avendaño un balón e unha camiseta conmemorativa asinados polo plantel do RC Celta.